XXXIV Campamento urbano gratuito.
Co título “Ti, protagonista”, ABERTAL organiza este campamento, que vai dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos de idade.
Se desenvolverá do 1 ao 12 de agosto (de luns a venres).
Nas instalacións do colexio Salesianos (en Rúa Venezuela, 3).
En horario de 09:00 h a 14:00 h.
Este campamento urbano é de caracter gratuíto.
O prazo de inscrición estará aberto, ata completar prazas.
Unha cidade na que os rapaces e rapazas se sintan protagonistas e gocen do verán.
Unha cidade como recurso lúdico, ao servizo da cidadanía máis esixente, os nenos e as nenas.
ABERTAL leva 34 anos organizando campamentos urbanos na nosa cidade.
Milleiros de nenos e nenas pasaron polas súas actividades e gardan un grato recordo destes campamentos.
Moitas das persoas participantes pasan a ser, anos despois, monitores e monitoras do campamento..
Unha espiral que medra e que dá senso a unha proposta de ocio e tempo libre educativo, e que ten continuidade nas actividades que a asociación brinda á cidade ao longo de todo o ano.
Un nutrido grupo de máis de 50 voluntarios e voluntarias están preparando, con moita ilusión, a nova edición deste campamento.
Un voluntariado que nunca falla á súa cita co Urbano, verán tras verán.
Unha proposta educativa e de lecer cun estilo propio.
Días contados para acoller, esta vez nas instalacións do Colexio Salesianos, a todos eses rapaces e rapazas que queiran participar no campamento.
Centro Juvenil Abertal Rua Venezuela, 3 Vigo. Tel. 986 225 662 www.abertal.org
0 comentarios