​A viaxe do castrexo

Autor: Jesús Muñiz González
On 18 agosto, 2023

​A viaxe do castrexo é unha novela histórica que se desenvolve no ano 137 a. C. no marco xeográfico comprendido entre o poboado castrexo do monte do Castro de Vigo e a actual cidade de Braga, en Portugal.

O protagonista, un noviño e humilde pescador, despois de ser condenado a morte inxustamente, consegue escapar do poboado.

Na súa fuxida, tras múltiples avatares, chega ata o territorio da tribo dos brácaros, onde se ve inmerso nos enfrontamentos coas lexións romanas que, comandadas polo cónsul Décimo Xunio Bruto, chegaron a estas terras desde o sur do río Douro coa intención de conquistalas.

Este libro é a historia dunha viaxe, tanto no espazo xeográfico coma no interior, do protagonista, un canto á perseveranza, á tenacidade, á forza de vontade, á amizade e ao amor.

E todo adubado co choque de culturas que supuxeron os primeiros encontros entre os conquistadores romanos e os pobos castrexos do noroeste da Península Ibérica.

A viaxe do castrexo
Detalles do libro

Páxinas: 570

Deseño: Rústica con lapelas

Data Publicación: 28/06/2023

Dimensións 135 x 210 mm.

Colección: Literaria

Nº na colección: 485

Edición: 1ª

 

Editorial: Galaxia

ISBN: 978-84-1176-058-4

Observacións:

O libro pódese mercar en Librouro, Rúa de Eduardo Iglesias, 12.

Prezo; 25,50 euros.

Idioma: Galego.

Libro da semana na Feira do libro de A Coruña, do 1 ao 10 de agosto de 2023.

O autor

 

Alexandre Plaza Poutás, (1982) é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo.

Pai de dous fillos, vive en Alemaña desde 2011.

 

Una luz en la noche de Roma
Desde hai más de dez anos desenvolve o seu labor profesional nunha empresa de loxística e dedica o seu tempo de lecer a escribir e ao fútbol como adestrador de rapaces.

De sempre apaixonado pola cultura castrexa, escribiu esta primeira novela ambientada no século II a. C. no castro de Vigo, a cidade que o viu nacer.

Posts relacionados

Comentarios

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *