A viaxe do castrexo é unha novela histórica que se desenvolve no ano 137 a. C. no marco xeográfico comprendido entre o poboado castrexo do monte do Castro de Vigo e a actual cidade de Braga, en Portugal.
O protagonista, un noviño e humilde pescador, despois de ser condenado a morte inxustamente, consegue escapar do poboado.
Na súa fuxida, tras múltiples avatares, chega ata o territorio da tribo dos brácaros, onde se ve inmerso nos enfrontamentos coas lexións romanas que, comandadas polo cónsul Décimo Xunio Bruto, chegaron a estas terras desde o sur do río Douro coa intención de conquistalas.
Este libro é a historia dunha viaxe, tanto no espazo xeográfico coma no interior, do protagonista, un canto á perseveranza, á tenacidade, á forza de vontade, á amizade e ao amor.
E todo adubado co choque de culturas que supuxeron os primeiros encontros entre os conquistadores romanos e os pobos castrexos do noroeste da Península Ibérica.
Detalles do libro
Páxinas: 570
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 28/06/2023
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 485
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-058-4
Observacións:
O libro pódese mercar en Librouro, Rúa de Eduardo Iglesias, 12.
Prezo; 25,50 euros.
Idioma: Galego.
Libro da semana na Feira do libro de A Coruña, do 1 ao 10 de agosto de 2023.
O autor
Alexandre Plaza Poutás, (1982) é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo.
Pai de dous fillos, vive en Alemaña desde 2011.
De sempre apaixonado pola cultura castrexa, escribiu esta primeira novela ambientada no século II a. C. no castro de Vigo, a cidade que o viu nacer.
0 comentarios