Tentacións.
Comezamos o tempo da Coresma.
Tempo de reflexión.
Tentaremos de cambiar e ser mellores,
Oxalá teñamos a forza necesaria para deixar atrás
canto nos endurece, nos tenta e
Deshumaniza.
Tentacións.
É a vida, é o noso mundo
cheo de xerarquitas sin razóns,
baleiro de valores, de utopías,
colmado de soberbias tentacións.
É a vida, é o noso mundo
esgotado e cansado de esperar
de ver unha sociedades inamovible,
fría, ausente, que non quere reaccionar.
De escoitar aos políticos que gobernan
as súas verbas que perxuran sen parar,
de ver falsos mesías que prometen,
e somos tan doados de tentar!
Téntannos de mil xeitos e maneiras
o consumo nos atrapa sen piedade
e como marionetas nos manexa
e creemos que son necesidades.
É a vida, é o noso mundo
pero ainda podemos recuar,
no todo está perdido, é bo momento
para pararse e para reflexionar.
Para facernos preguntas insolentes
que nos fagan de pronto reaccionar.
Qué facemos? Qué buscamos? Qué queremos?
Como tan fácil nos deixamos enganar?
É a vida, é o noso mundo
podemos cambialo unidas, é ben certo
se bebemos nos manantiales da sensatez
e non na soidade e espellismos do deserto.
É o noso mundo, o mundo de Xesús, do Dalái Lama,
co seu rachar, coa sua xenerosidade
os exemplos que deixaron coas súas vidas,
chegou o día de erguerse.
Espertade!
0 comentarios