XXXIV Campamento urbano

XXXIV Campamento urbano gratuito.

Co título “Ti, protagonista”, ABERTAL organiza este campamento, que vai dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos de idade.

Se desenvolverá do 1 ao 12 de agosto (de luns a venres).

Nas instalacións do colexio Salesianos (en Rúa Venezuela, 3).

En horario de 09:00 h a 14:00 h.

Este campamento urbano é de caracter gratuíto.

O prazo de inscrición estará aberto, ata completar prazas.

Unha cidade na que os rapaces e rapazas se sintan protagonistas e gocen do verán.

Unha cidade como recurso lúdico, ao servizo da cidadanía máis esixente, os nenos e as nenas.

ABERTAL leva 34 anos organizando campamentos urbanos na nosa cidade.

Milleiros de nenos e nenas pasaron polas súas actividades e gardan un grato recordo destes campamentos.

Moitas das persoas participantes pasan a ser, anos despois,  monitores e monitoras do campamento..

Unha espiral que medra e que dá senso a unha proposta de ocio e tempo libre educativo, e que ten continuidade nas actividades que a asociación brinda á cidade ao longo de todo o ano.

Un nutrido grupo de máis de 50 voluntarios e voluntarias están preparando, con moita ilusión, a nova edición deste campamento.

Un voluntariado que nunca falla á súa cita co Urbano, verán tras verán.

Unha proposta educativa e de lecer cun estilo propio.

Días contados para acoller, esta vez nas instalacións do Colexio Salesianos, a todos eses rapaces e rapazas que queiran participar no campamento.

 

 

 

 

XXXIV Campamento urbanoCentro Juvenil Abertal                          Rua Venezuela, 3 Vigo.                            Tel. 986 225 662                                       www.abertal.org

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.